Turismo a bordo

Novas e apaixonantes experiencias nas que o mar é protagonista. É o mar da pesca, das duras horas de traballo e do risco. Saír a faenar nun pesqueiro, botar as redes ou recollelas son momentos únicos. A compañía do patrón e dos mariñeiros converte a singradura nun documental en vivo. Daquela a ansiada chegada a porto, a poxa na lonxa, o frenesí da poxa e, finalmente, o descanso merecido, compartindo comida e viño nas tabernas do porto.

Primate Multimedia Ibérica