Ensina

Outes

Na zona máis interior da Ría de Muros e Noia; fondo de esteiro en cuxas marxes atopamos a desembocadura do Río Tambre, ‘un pequeno Amazonas’, un espazo natural declarado Zona de Especial Conservación e pertencente á Rede Natura 2000.

Cargando mapa

En Outes asentouse historicamente a maior concentración de ‘carpinteiros de ribeira’ de toda Galicia, contando ademais cunha importante concentración de estaleiros e varadoiros, que hoxe son un legado desta importante industria tradicional no mar e constitúen un bo referente para trasladar este patrimonio aos vosos escolares.
Entre outono e inverno podedes vivir en directo o momento máis esplendoroso do ‘marisqueo a flote’, típico desta zona; xa que, nas súas inmediacións atópanse os denominados ‘lombos’, que son bancos de area que colmatan a Ría nalgunhas das súas partes, onde se produce o noso prestixioso Berberecho. Témolo ata de tres tamaños, chegando a medir ata os 4,5 cm. de diámetro. De igual importancia a Ostra, xa que contamos coa mellor produción de ‘Ostra de arrastre’, famosa no mundo polo seu tamaño e calidade.

Guía Oficial

Descarga a Guía de Actividades de Outes

A súa proposta didáctica

Dende Outes ofrecemos aos vosos escolares a posibilidade de descubrir a construcción naval; unha actividade económica que hoxe aglutina a unha gran diversidade de oficios. O máis tradicional é o de carpinteiro de ribeira, que atopa aquí un dos seus mellores expoñentes coa existencia do único estaleiro en activo deste vasto territorio, onde poderemos navegar tamén para ver os vestixios das tradicionais carpintarías de ribeira nas marxes da Ría e coñecer de primeira man a restauración do mercante histórico Joaquín Vieta, do 1916.

NAVÍOS AO MAR

VISITA AO BARCO MUSEO ‘JOAQUÍN VIETA-1916’

O barco máis antigo de Galicia ten nesta Ría a súa orixe e a súa visita supón hoxe unha ocasión única para coñecer de primeira man o traballo de carpinteiro de ribeira. Coñeceremos este oficio co apoio dun audiovisual a bordo e a visita comentada dun dos seus mariñeiros, que pode ampliarse tamén ás inmediacións do estaleiro Abeijón Hermanos. (Ver ficha didáctica)

VISITA Á CETARIA ‘MARISCOS CHAPARRITO’

Un expoñente da actividade que se realiza nos viveiros, tan tradicionais na costa de Galicia. Descobre as especies e aprende cousas interesantes sobre o seu consumo. (Ver ficha didáctica)

Condicións:
  • Prezo: 6€

Sen navegación

  • Prezo: 9€

Con 2 h de navegación

  • Duración: 2,30 h de exposición, sen navegación, incluíndo desprazamiento interno. 3,5 h con navegación incluida
  • Horario: de 09.00 a 20.00 h. Baixo reserva anticipada
  • Grupo máximo: 20 nen@s/grupo
  • Idades: todas, agás en navegación, apta só secundaria
Opcións para a visita:

Media xornada pola mañana:

  • 10.30 h: visita á cetárea ‘Mariscos Chaparrito’
  • 11.30 h: visita ámbito estaleiros e mercante histórico Joaquín Vieta-1916. Con ou sen navegación
  • 14.00 h: fin da experiencia sen navegación e volta a casa. Posibilidade de xantar a bordo

Xornada partida con xantar:

  • 10.30 h: visita á cetaria ‘Mariscos Chaparrito’
  • 11.30 h: visita ámbito estaleiros e mercante histórico Joaquín Vieta-1916
  • 14.00 h: xantar a bordo
  • 15.00 h: travesía no Joaquín Vieta para visitar ls antigas carpintarías de ribeira
  • 17.00 h: fin da experiencia y regreso a casa

APRENDE A NAVEGAR CO CENTRO NÁUTICO MUNICIPAL DE OUTES

Este centro náutico achégache ao mundo do deporte acuático a través dos seus cursos de vela e wíndsurf, tanto de iniciación como de perfeccionamento, pensados para distintas idades e niveis. (Ver ficha didáctica)

Para unha experiencia lúdica e deportiva. Actividades para unha experiencia completa no noso territorio
  • Prezo: 9€
  • Duración: 3,30-4 h por grupo
  • Horario: a convir. Logo de reserva
  • Grupo máximo: 20 nen@s/grupo
  • Idades: a partir dos 7 anos ata os 16. Os maiores de 16 terán un suplemento de 6€

Contacto: Centro Náutico 616 324 098 (Álex)

Fichas Didácticas

Primate Multimedia Ibérica