Ensina

Muros - Moiño das Mareas do Pozo de Cachón

Cargando mapa

O Pozo do Cachón constitúe unha magnífica obra de enxeñaría industrial que data da segunda década do século XIX, sendo un dos muíños de marea máis importantes de Europa. Foi mandando construír por D. Ignacio Pérez Bazarra, debido ao incremento no século XVIII do cultivo do millo e a diminución do caudal dos ríos da zona durante o verán.

Na actualidade temos a función de Centro Cívico e Cultural, co Centro de Interpretación de Muíños da Costa da Morte, e un edificio anexo con exposicións temporais, onde vos mostramos dous laudas gremiais e a Cista prehistórica da Idade de Bronce, datada entre 1.800 e século VIII a.C.

Para a campaña escolarofrecemos unha visita guiadaa este conxunto de tanelevado interese etnográfico,artístico e cultural.

Ficha didáctica

OBXECTIVOS DA VISITA

Obxectivo xeral:

Educar aos escolares no coñecemento e consideración de nosopatrimonio etnográfico.

Obxectivos conceptuais:

  1. Coñecer como é o funcionamento dun muíño de marea.
  2. Coñecer os elementos que definiron a vida, o traballo, as artese os costumes populares galegos de tempos pasados.

Obxectivos procedimentais:

  1. Comprender as relacións simbólicas e espirituais das crenzaspopulares, tan arraigadas aínda hoxe en día no noso pobo.
  2. Analizar as pegadas da historia nos nosos pobos.

Obxectivos actitudinais:

  1. Espertar o interese polo noso patrimonio etnográfico como sinal de identidade.
  2. Fomentar o respecto pola diversidade de modos de vida.

COMPETENCIAS TRABALLADAS

  • Competencia social e cidadá.
  • Competencia cultural e artística.
  • Competencia para aprender a aprender.
Condicións para margalaica ensina

Prezo: Gratis

Duración: 30 min. aprox.

Horario: de martes a sábado de 10.00 a 13.00 h e de 16.30 a 19.00 h

Grupo máximo: 50 nen@s/grupo

Contacto: 981 826 050 (María)

Primate Multimedia Ibérica