Ensina

Muros - Mariscadoras de Muros

Cargando mapa

Na Agrupación de Mariscadoras de Muros desenvolvemos actividades de familiarización co noso oficio, nas que pretendemos dar a coñecer tamén a diversidade das nosas praias e areais. Para a campaña escolar ofrecemos unha ruta pola praia de Muros na que poderedes coñecer a actividade de marisqueo a pé, así como algúns dos habitantes máis comúns dos nosos areais.

Ficha didáctica

OBXECTIVOS DA VISITA

Obxectivo xeral:

Amosar en que consiste o traballo de marisqueo.

Obxectivos conceptuais:

  1. Entender o traballo que fan as mariscadoras.
  2. Coñecer as especies que habitan nas praias.
  3. Coñecer como era o proceso da salgadura.

Obxectivos procedimentais:

  1. Aprender a extraer o marisco que vive enterrado na area.
  2. Diferenciar as especies de bivalvos que se comercializan.

Obxectivos actitudinais:

  1. Relacionarse de forma axeitada co sector do marisqueo.
  2. Fomentar o respecto cara ás profesións vinculadas ao mar.

COMPETENCIAS TRABALLADAS

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundofísico.
  • Competencia social e cidadá.
  • Competencia para aprender a aprender.
Condicións para margalaica ensina

Prezo 5€

Duración: 1 h-1,30 h

Horario: as visitas á praia dependen das mareas, consúltanos 

Reserva: por teléfono

Grupo máximo: a convir

Contacto: Confraría de Pescadores de Muros

981 826 143 (María)

Primate Multimedia Ibérica