Ensina

Estimad@s amig@s.

Dende o Grupo de Acción Costeira, Seo de Fisterra, Ría de Muros - Noia (GAC 4), presentámoslles esta guía de actividades didácticas para o curso escolar 2014-2015, co obxectivo de que a nosa cultura mariñeira estea presente nos seus centros como complemento ás súas actividades de formación.

Esta guía forma parte do Programa de Turismo Escolar chamado 'MarGalaica Ensina', que está orientado principalmente aos currículos formativos de educación infantil, primaria e secundaria, con actividades que abranguen os seus 9 municipios: Porto do Son, Noia, Outes, Muros, Carnota, Dumbría, Corcubión, Cee e Fisterra.

Na Guía poderedes atopar distintas actividades de tipo didáctico, lúdico e deportivo, para gozar da nosa cultura no marco das vosas actividades extraescolares, así como unha variada oferta de restauración e aloxamento, que vos permitirán organizar estanzas tanto de xornada completa como viaxes fin de curso. Actividades que trasladan aos vosos escolares, dun xeito entretido, a cultura mariñeira, os oficios domar e o respecto cara aos recursos, espertando as aptitudes que lles axudarána desenvolverse como adultos.

Dirección:

GAC 4: Seo de Fisterra e Ría Muros-Noia

Conceptualización e documentación:

Genuine Experience S.L.

O Canto da Balea S. Coop. Galega

Deseño Gráfico:

Juan Gallego Estudio Gráfico

Créditos:

Isabel Merchán

Ensina
Primate Multimedia Ibérica